A Aula CeMIT de Ribeira achega novos cursos tecnolóxicos durante abril e maio

26 Marzo 2024

O concelleiro Francisco Suárez-Puerta presentou este martes 26 de marzo, xunto ao concelleiro Fernando Abraldes, os cursos que terán lugar na Aula CEMIT de Ribeira durante os vindeiros meses de abril e maio: cursos todos eles dirixidos a acadar a plena dixitalización da cidadanía.

Estas actividades formativas están dirixidas a aquelas persoas que precisen “facer xestións coas administracións de xeito telemático e máis fluído, e mellorar o seu uso dos teléfonos móbiles e computadores”, segundo explicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías.

O primeiro curso, Sede electrónica – certificado dixital, celebrarase do 8 ao 11 de abril os luns, martes, mércores e xoves en horario de 9:30 a 11:00. O curso de Móbil Android básico, do 8 ao 11 de abril, realizarase os luns, martes, mércores e xoves de 11:30 a 13:00.

Pola súa banda, Ofimática con Libreoffice, celebrarase do 8 de abril ao 22 de maio, en horario de 16:30 a 18:00. “Este curso de nivel medio está destinado a persoas que xa teñen certo coñecemento no uso de Office”, explicou Suárez-Puerta. Ademais, a actividade formativa Competencias básicas dixitais desenvolverase entre o 15 de abril e o 20 de maio, os luns e mércores de 9:30 a 11:00, e por último, un curso máis específico de Ferramentas de Google, celebrarase do 15 de abril ao 29 de abril os luns e mércores de 11:30 a 13:00.

As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal ou ben no teléfono 981876043.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.