En Outes a brigada de obras intensifica a limpeza e arranxo das zonas de lecer

25 Marzo 2024

️Co comezo da primavera, a semana pasada, intensificáronse no concello de Outes os traballos impulsados polo Goberno local para a limpeza, acondicionamento e arranxos dos espazos de lecer exteriores, traballos que son levados a cabo pola brigada de obras e de servizos. O obxectivo é permitir a veciños e visitantes o máximo desfrute de praias, paseos e outras contornas de relevancia ambiental. Por exemplo o areal de Broña e a súa contorna, un dos espazos máis visitados coa chegada do bo tempo.

Segundo informou o Concello, desenvolvéronse as labores habituais de reparación de avarías, beirarrúas e mobiliario urbano.

Realizouse ademais a reparación de fochas en diversas pistas do concello que continuará nas vindeiras semanas.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.