O domingo será un día de inestabilidade atmosférica, con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos. A cota de neve estará nos 1.000 metros pola mañá, subindo ós 1.200 metros na segunda metade do día.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do noroeste, con intensidade moderada, con intervalos fortes no litoral.
As choivas irán dominuindo cara a noite dando unha tregua a principios da semana.
O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4.5 a 5.5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota