O Camiño de Santiago do Barbanza chega a FITUR

24 Xaneiro 2020
Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Na tarde deste xoves 23, a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, acompañada da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe, presentou na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a historia do percorrido terrestre da ruta marítima Traslatio.

Antes de dar paso ao vídeo que narra este acompañamento a pé da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla, a coordinadora técnica da entidade supramunicipal, Irene Maneiro, relatou a historia deste camiño milenario, manifestando que “somos un destino vivo e moi dinámico onde a tan solo 30 minutos de Santiago atópase o mar polo que entrou aquela embarcación máxica, este camiño é por tanto un encontro entre o peregrino contemporáneo e o viaxeiro do século XXI.”

Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Seguidamente, os presentes puideron coñecer a través dunha proxección audiovisual a historia do camiño terrestre que acompaña á referida ruta, así como os símbolos de interese da tradición Xacobea.

Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, encargouse de pechar o acto apuntando que “A Orixe, así bautizamos ao noso camiño, é o resultado de horas de traballo e investigación de moitas persoas e entidades, entre as que se atopan a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza que hoxe nos acompañan. Este traballo e a constante motivación por reivindicar que Arousa Norte está na Orixe da tradición Xacobeo é o que marcamos como o noso destino. Un destino que ten moito que ofrecer.”

Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Entre os asistentes a esta presentación figuraban os rexedores da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; Boiro, José Ramón Romero; e Rianxo, Adolfo Muíños; ademais de Antonio González e Manuel Mariño, en representación da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe.

Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Arousa Norte permanecerá na referida feira ata a súa conclusión, tendo presenza e visibilidade no stand de Turismo de Galicia, promocionando o xeodestino da comarca do Barbanza como unha alternativa de turismo sostible.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...