Todo o que temos que saber para reclamar os gatos dos préstamos hipotecarios, polo miúdo nunha charla en Rianxo (este luns)

07 Marzo 2024

A Unión de Consumidores de Galicia imparte a semana que vén unha charla informativa en Rianxo sobre a reclamación de gastos hipotecarios. Será o luns 11 de marzo ás 19:30 horas no Auditorio Municipal.

A actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha no mes de febreiro para explicar ás persoas consumidoras, que aínda non o fixeron, como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.

O obxectivo desta actividade é “informar á cidadanía dos importes que poden reclamar, do prazo do que dispoñen, así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación”, segundo adianta a UCGAL.

A actividade é completamente libre e non é precisa a inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.