O Concello de Boiro informa que, nestes días, os servizos administrativos de recadación están facendo chegar aos veciños e veciñas
unha información relativa aos desglose dos recibos que teñen domiciliados. Estas cartas son información adicional posto que o cobro dos recibos farase de xeito habitual e como se viña facendo, mediante un cargo na conta bancaria.
O motivo deste envío adicional de información débese aos cambios establecidos polas entidades bancarias que, no extracto dos recibos pagados, están deixando de incluír esta información específica dos conceptos abonados no propio recibo.



