Mércores con risco de choivas febles

27 Febreiro 2024

Na xornada do mércores os ventos do oeste aportarán moita humidade do Atlántico. Deste xeito os ceos estarán en xeral moi nubrados, con posibilidade chuvias febles de tipo orballo no litoral norte durante a mañá, extendéndose o resto do territorio co transcurso do día, sendo menos probables no leste da provincia de Ourense. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, sendo moderado nas máximas. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente oeste-suroeste gañando intensidade a últimas horas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.