Xoves regresa o inverno, choivas e vento forte superior ós 80 qm/h

21 Febreiro 2024

Galicia quedará afectada por baixas presións cunha fronte moi activa. Por tanto, durante á maña teremos ceos moi nubrados con precipitacións abundantes. Pola tarde, virarán os ventos a oeste-noroeste canalizando aire moi frío dando lugar a chuvascos localmente treboentos acompañados de saraiba.

A cota de neve arredor dos 900 metros baixando a últimas horas a 600-700 metros. As temperaturas sufrirán un progresivo descenso durante o día. O vento soprará do suroeste, forte a primeiras horas, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas, virando a oeste co paso da fronte e diminuíndo no interior a moderados.

Atención para xoves 22. Refachos de vento superiores aos 80 km/h no litoral norte e zonas altas das montañas de Lugo e Ourense.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 6 a 7 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Media vaga á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 5 a 6 metros á tarde e 6 a 7 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...