Este sábado o arcebispo preside a Asemblea de Cáritas Diocesana na que participan os voluntarios do Barbanza

09 Febreiro 2024

Terá lugar no Colexio La Salle o sábado día 10 de febreiro

Delegacións de voluntarios de toda a diocese, nun número superior aos tres centenares, participarán na XXXII Asemblea Xeral
Extraordinaria de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela que se celebrará o sábado, día10 de febreiro a partir das dez da mañá en dependencias do Colexio La Salle de Santiago. O encontro será presidido polo arcebispo monseñor Francisco José Prieto Fernández Despois da acollida e oración, monseñor Prieto Fernández dirixirase á Asemblea para falar da nova etapa que se inicia na entidade á vez que animará aos axentes seguir traballando para axudar ás persoas máis necesitadas.

A directora da institución, Pilar Farjas Abadía dará conta das liñas estratéxicas de actuación para os próximos anos e que se circunscriben en catro apartados fundamentais: soidade, vivenda, cobertura de necesidades básicas, e emprego.
Presentará ao novo equipo encabezado por Santiago Fernández como delegado episcopal
O anterior equipo directivo recibirá unha homenaxe da Asemblea polos longos 13 anos de traballo nos que foron responsables das accións levadas a cabo para axudar ás persoas máis vulnerables.
Será presentada un relatorio sobre “A acción social de la Iglesia Católica en Siria”, contando coa participación do pai Natalio Saúdes, frade franciscano, Alejandro López Carballeira,  subdirector de Xestión dos Servizos Informativos de CRTVG e Pablo Villaverde, voluntario dos proxectos sociais da Orde Franciscana.
Expoñerán a súa experiencia vivida en directo, o pasado verán, nun deses conflitos esquecidos. Coa celebración dunha Eucaristía e unha comida de confraternidade concluirá a programación prevista para que sobre as catro da tarde producirse o envío dos participantes.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.