O Xantar dos Maiores de Rianxo celébrase o mércores 16 en Casa Pachín (haberá autobuses)

01 Setembro 2026

No marco das Festas da Guadalupe haberá novamente unha marxe ampla para homenaxear aos maiores do concello de Rianxo. E, tamén, para adicarlles unha xornada enteira dos festexos, que coincide co 16 de setembro: o Día dos Nosos Maiores.

O programa deste día inclúe varias actividades encadradas neste ámbito, como o Xantar de Confraternidade que se celebra en Casa Pachín e que xa ten aberto o prazo de inscrición a través da Concellería de Servizos Sociais de Rianxo (o período remata o 11 de setembro). A festa terá un custe de 25 de euros.

A vertente musical do xantar (vermú e música e baile posterior) virá da man de José Manuel Domínguez. O Concello habilitará autobuses dende Rianxo e outras parroquias para facer máis doados e seguros os desprazamentos ata a Casa Pachín, en Taragoña. O xantar comezará ás 15.00 horas e previamente haberá unha sesión vermú.

As persoas que queiran participar do Xantar de Confraternidade poderán inscribirse no Cuartel Vello, onda o reparto dos libros da Guadalupe, ata o día 11 de setembro.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.