O Concello de Ribeira executa a reparación dun tramo de muralla do Castro da Cidá

11 Setembro 2026
Imaxe xenérica do Castro da Cidá no monte do mesmo nome (foto de arquivo)

Por mor das condicións climatolóxicas deste inverno debilitouse un tramo da muralla da zona noroeste do Castro da Cidá, de 5 metros de lonxitude e 2,70 metros de altura. As intensas chuvias provocaron a erosión da ladeira ao pé de dito treito, polo que o Concello de Ribeira decidiu iniciar a reparación urxente dos restos caídos para que o xacemento volva ao seu estado previa, coa totalidade da muralla conservada restaurada.

A maiores, durante a intervención executarase unha diagnose do estado de conservación xeral da muralla e dos espazos interiores para precisar as necesidades máis urxentes que poida servir de fundamento na proposta de actuacións de conservación futuras.

“Tivemos un inverno moi duro e isto tamén afectou a un dos nosos xacementos arqueolóxicos. Precisamente, para garantir a súa conservación e a visita da contorna en condicións de seguridade, emprendemos esta actuación a cargo dunha empresa especializada. E iniciamos este procedemento unha vez dispoñemos do proxecto e tódolos permisos requiridos”, salientou a alcaldesa, María Sampedro.

Estas obras supoñen un investimento de 11.930,60 euros, IVE incluído, a cargo da empresa Terra Arqueos S.L. baixo a dirección dun técnico arqueólogo, un director restaurador e dous técnicos especializados en restauración de estruturas castrexas. As tarefas teñen unha duración de 15 días. Traballos de restauración

A consolidación dos muros e estruturas de delimitación realizarase polo sistema de recrecido de fiadas. En consecuencia, protexeranse os paramentos orixinais e as novas fiadas sofren o contacto co exterior e evítase o deterioro das fiadas cubertas. A construción dos paramentos realizarase ao estilo do propio xacemento, neste caso,seguindo a fábrica da muralla. As pedras restituiranse e utilizarase argamasa ou morteiro tinguidos para conseguir o ton do terreo circundante.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.