O prestixioso músico e formador Steve Brown achegará en Noia unha clase maxistral de jazz

10 Agosto 2026

No marco do festival Jazz Noia 2026, o Coliseo Noela vai acoller este sábado 15 de agosto unha clase maxistral con Steve Brown. Será, en palabras do Concello, unha boa oportunidade para “achegarnos ao jazz dende dentro”. A sesión desenvolverase baixo o epígrafe Jazz Fundamental e xirará arredor dos fundamentos do jazz. Trátase dunha masterclass pensada para todos os públicos, sen necesidade de coñecementos previos. A través dela a organización do festival quere brindar á cidadanía “unha oportunidade diferente para aprender, escoitar e descubrir algunhas das claves deste xénero antes de continuar gozando do festival”. Será o 15 de agosto a partir das 13.00 horas.

Steve Brown é un guitarrista, compositor e pedagogo de jazz norteamericano, moi coñecido en Galicia por liderar o proxecto transatlántico Atlantic Bridge Jazz Project xunto a músicos locais como Alberto Conde e Kin García. Foi fundador e director do programa de estudos de jazz no Ithaca College durante catro décadas. Fíxoo en 1968 e como unha forma de loitar contra o conservadorismo da época que prohibía tocar jazz nos pianos da facultade. Dirixiu o programa con éxito durante 40 anos ata a súa xubilación en 2008.

Ao longo da súa vida compartiu escenario e gravou con xigantes absolutos do xénero como Chuck Mangione, Jimmy Smith, Barry Harris, Ray Charles e Paquito D’Rivera.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.