A Deputación convoca os VI Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, dotados con 42.000 euros

25 Agosto 2026

A Deputación da Coruña convoca a sexta edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, unha iniciativa destinada a “recoñecer o traballo que desenvolven as entidades sociais da provincia na defensa dos dereitos da cidadanía, na atención aos colectivos máis vulnerábeis e na mellora do benestar das persoas e das comunidades”.

A convocatoria, que vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia, conta cunha dotación total de 42.000 euros e establece dúas modalidades. A primeira premiará cinco proxectos con 7.000 euros cada un, mentres que a segunda recoñecerá, tamén con 7.000 euros, a traxectoria dunha entidade que destaque polo seu labor no ámbito dos servizos sociais.

Os premios a proxectos distribúense en cinco categorías: investigación científica no ámbito dos servizos sociais; iniciativas no ámbito rural; persoas maiores, discapacidade e dependencia; familia, infancia e adolescencia; e inclusión social.

Poderán concorrer á convocatoria as entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e estean inscritas como entidades de iniciativa social no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia.

En palabras da Deputación, o Premio de Boas Prácticas pretende “poñer en valor iniciativas que contribúan a mellorar a atención social, fomentar a innovación e ofrecer respostas ás necesidades das persoas e colectivos máis vulnerábeis, ao tempo que recoñece o traballo continuado das entidades que conforman o tecido social da provincia”.

Prazo aberto durante o mes de setembro

O prazo para presentar candidaturas abrirá o 1 de setembro de 2026 e permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 30 de setembro de 2026.

Tanto a presentación das solicitudes como o resto da tramitación realizaranse de forma telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.