O noiés González Juanatey e o chinés Junbo Ge optan á presidencia da Federación Mundial do Corazón

10 Xullo 2026

O comité de nomeamentos oficializa as candidaturas para as eleccións de 2026, onde tamén se renovarán a vicepresidencia e a tesouraría da organización.

A carreira pola presidencia da World Heart Federation (WHF) entra na súa fase decisiva.

O comité de nomeamentos da principal organización mundial dedicada á prevención e loita contra as enfermidades cardiovasculares fixo pública a súa proposta oficial de candidaturas para as eleccións de 2026. Entre os aspirantes a presidente electo figuran o prestixioso cardiólogo galego José Ramón González Juanatey e o cardiólogo chinés Junbo Ge.

A candidatura do noiés González Juanatey, foi proposta formalmente pola Sociedade Europea de Cardioloxía, consolidando a súa proxección internacional neste proceso electoral que definirá o rumbo futuro da federación.

Un proceso validado internamente

Dacordo co regulamento interno, a listaxe oficial de aspirantes foi revisada e remitida previamente ao consello da Federación Mundial do Corazón. Tras esta validación, procedeuse a comunicar a decisión tanto aos propios candidatos seleccionados como aos membros de pleno dereito da organización, quen terán o dereito ao voto no proceso electoral.

Para confeccionar esta listaxe definitiva, o comité analizou minuciosamente todas as propostas recibidas que cumprían cos estritos requisitos establecidos para a renovación de cargos.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.