O BNG demanda á Comisión Europea accións urxentes ante a ameaza radioactiva na Foxa Atlántica

09 Xullo 2026

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, levou a ao plenario do Parlamento Europeo en Estrasburgo a preocupación ante as evidencias científicas que mostran un avanzado estado de deterioro dos milleiros de bidóns con residuos radioactivos depositados na Foxa Atlántica, e advertiu ao Comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, sobre a potencial afectación medioambiental e na  pesca.

Neste sentido, Ana Miranda esixiu “actuacións urxentes á Comisión Europea para evitar o impacto nos ecosistemas mariños e na pesca galega”.

Considera que Europa debe avaliar “a compatibilidade entre os residuos radioactivos e a saúde, a sustentabilidade e a seguranza dos nosos océanos, das zonas de pesca e das comunidades costeiras”.

Ante a devandita situación, a eurodeputada do BNG procedeu ao envío de cartas oficiais á Comisión Europea nas que demanda “accións concretas” na verificación sobre o estado dos bidóns, que Bruxelas cumpra coa súa obriga legal segundo o artigo 35 do Tratado de Euratom ao alentar e supervisar as misións científicas dos Estados membros, como España, e investigue o impacto e a compatibilidade dos bidóns na Foxa Atlántica coas normas europeas”.

As cartas remitíronse á Vicepresidenta Executiva da Comisión Europea, Teresa Ribera, responsábel para unha Transición Competitiva, Xusta e Limpa; pola Comisaria de Medio Ambiente, Jessika Roswall; polo Comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis; e o Comisario de Enerxía, Dan Jorgensen.  Ana Miranda pon en cuestión que o vertido cumpra coa Estratexia para a Biodiversidade do 2030 da Unión Europea, a Directiva sobre a Estratexia Mariña, o Plan de Acción de Cero Contaminación e, en definitiva, co Pacto Verde Europeo.

Nas misivas, a eurodeputada do BNG lembra que nos últimos xa escribiu á Comisión Europea amosando a súa preocupación sobre os datos científicos que mostraban o deterioro dos bidóns radioactivos. No 2021, Bruxelas confirmou a Ana Miranda que participara nunha misión de verificación, sendo estes os últimos datos oficiais cos que contan as autoridades españolas e europeas. Agora, a representante do Bloque exixe “coñecer que novos pasos estuda adoptar a Comisión Europea”.

Ademais da súa actividade en relación cos vertidos radioactivos, Ana Miranda participou no debate do plenario da Eurocámara sobre o estado da Política Pesqueira Común (PCP) e a avaliación emprendida por parte do Comisario de Pesca, Costas Kadis, “moi tímida e un desastre” á xuízo da eurodeputada do BNG, recollendo as críticas e demandas do sector pesqueiro e mariscador galego.

O BNG e o grupo parlamentar de Os Verdes-Alianza Libre Europea defende que “Europa garanta as competencias de pesca para Galiza, o recoñecemento das confrarías a nivel europeo, para que sexan perceptoras de axudas europeas”, e alertou sobre “a falta de axudas para o sector marisqueiro, que está a padecer unha grave crise debido á contaminación das rías, o quecemento das augas derivado do cambio climático e a falta de políticas de preservación medioambiental da Xunta de Galiza”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.