“Orzamentos en 2026 e eleccións en 2027”. Antón Luaces

20 Xuño 2026

Dito queda: e non cadrarán na mesma xornada as eleccións xerais coas autonómicas e as municipais.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, que fala -entre outros idiomas- inglés (o aspirante a relevalo, Núñez Feijoo, non o fala porque, dixo nun coñecido programa da televisión, estudara nun colexio rural)  tentou rematar con esta información a polémica existente en España en torno á posibilidade de que se produzan eleccións anticipadas dada a inestabilidade numérica que ao Executivo aportan os partidos que o apoian e que -non podería ser doutro xeito- tampouco aseguran a maioría nas votacións que se promovan no Congreso dos Deputados.

Xunto cos líderes dos 27 países que integran a Unión Europea, Sánchez asistiu en Bruxelas ao cumio da UE, o que lle permitiu “palpar” o ambiente comunitario e o grao de aprobación -que non precisa obviamente para seguir gobernando en España- que esta situación suscita., 

A polémica xurdiu o xoves cando os xornaljstas preguntaron a Pedro Sánchez se convocará eleccións no caso de que o Congreso tombara os orzamentos xerais do Estado que o propio presidente do Goberno anunciara esta semana serían presentados en 2026. Sánchrx negociará cos distintos grupos parlamentarios e, de non acadar o apoio necesario para a aprobación dos mesmos, tomará decisións “cando se produzan esas hipóteses”. En calquera circunstancia, o adianto electoral nos levaría ao ano 2027, cando de feito xa están previstas as xerais.   

Tal adianto electoral é insistentemente reclamado tanto polo PP coma por VOX e,sotto voce, por outros partidos minoritarios que, coma o PNV, ERC, etc., coidan que Pedro Sánchez debe adiantar as eleccións xerais no caso de non prosperar a presentación dos orzamentos. 

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.