O Concello de Padrón abre do 4 ao 11 de xuño o prazo de inscrición no Concilia-Despertares 2026-2027

01 Xuño 2026

O Concello de Padrón informa da apertura do prazo de inscrición no programa Concilia-Despertares para o curso 2026-2027. Trátase dun servizo municipal dirixido a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias durante o calendario escolar, ofrecendo atención ao alumnado no CEIP Rosalía de Castro antes do inicio das clases.

O servizo desenvolverase entre o 9 de setembro de 2026 e o 21 de xuño de 2027 e o número total de prazas ofertadas é de 30 fixas e 15 ocasionais.

As inscricións poderán realizarse desde este xoves, 4 de xuño, e ata o vindeiro xoves 11 mediante a sede electrónica ou de xeito presencial. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso desde a páxina web municipal e acudir ao rexistro de Servizos Sociais ou ao do Concello.

O programa contempla dúas modalidades de servizo: o básico de coidado da cativada e a opción que inclúe tamén o almorzo. No caso das prazas fixas, o prezo mensual será de 40 euros para o servizo de coidado e de 55 euros cando se inclúa o almorzo. Para as persoas usuarias ocasionais, o prezo por día será de 5 euros ou de 8 euros, segundo se opte polo servizo de coidado dos nenos e nenas con ou sen almorzo.

É importante lembrar que toda a documentación esixida deberá presentarse dentro do prazo de inscrición, xa que calquera documento entregado posteriormente non será tido en conta na baremación.

As persoas interesadas poden consultar todos os detalles, incluído o modelo de solicitude e a relación completa de documentos necesarios na páxina web do Concello de Padrón, na ligazón habilitada en liña. Para calquera dúbida ou aclaración, poden dirixirse ao Centro de Servizos Sociais ou contactar telefonicamente no 981 817 025.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.