Irene Lourido presentará no 10 de xuño a obra “O lado nobre”, gañadora no X Certame de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira

07 Xuño 2026

O público ribeirense poderá coñecer máis sobre a obra O lado nobre, da xornalista Irene Lourido, que resultou premiada no X Certame de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A presentación desenvolverase no mércores, 10 de xuño, ás 20.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

O acto contará coa participación da alcaldesa, María Sampedro; o director da editorial Xerais, Fran Alonso; e a propia autora.

Farase entrega de cadanseu exemplar de balde entre as persoas asistentes, que poderán ser asinados pola escritora.

Neste acto tamén se rubricará o convenio de colaboración para a décimo primeira edición, 2026 2028, entre Xerais e o Concello de Ribeira.

Sinopse do libro

Cando o pai da protagonista de O lado nobre ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Nesa situación, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para afrontar ese episodio das súas vidas.

Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis introspectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles.

Este libro é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que convida a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.

A xornalista e escritora Irene Lourido, autora da obra premiada

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.