BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

11 Xuño 2026

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral do espazo. Pérez cualificou a situación actual como “unha ameaza permanente para a seguridade das persoas, os ecosistemas fluviais e a pesca e o marisqueo da ría de Muros e Noia”. 

A deputada nacionalista lembrou que a Xunta acordou a caducidade das concesións no ano 2025, pero denunciou que “non se teñen cumprido as obrigas legais por parte da concesionaria, moi especialmente a referida á restauración ambiental”. Neste senso, sinalou a acumulación de “inmensos pasivos ambientais”, entre eles entulleiras, galerías abandonadas, verteduras continuadas de augas contaminadas e dúas presas de residuos mineiros “en estado de abandono e cun risco ambiental acreditado” por informes oficiais de 2017.

Pérez repasou a “nefasta xestión histórica” da mina, con máis de vinte concesións vixentes ata 2066 pero cun longo período de inactividade entre 1990 e 2009, e denunciou que “durante case 20 anos non se cumpriron os plans de labores nin se restaurou o espazo afectado”.

Ademais, dixo que a Xunta aprobou en decembro de 2009 os proxectos de explotación e restauración “sen que a empresa presentase nunca o preceptivo estudo de impacto ambiental”.

A deputada nacionalista tamén se referiu á autorización de verteduras outorgada en 2023 á empresa Tungsten San Finx, que, segundo recordou, “foi despois revogada tras comprobar Augas de Galiza verteduras non autorizadas con altas concentracións de cadmio, cobre e zinc”.

“Sanción de 180.000 euros e sentenza xudicial que confirmaba a denuncia de Ecoloxistas en Acción”, subliñou.

“Señorías, non pode haber unha nova concesión se antes non se garante que todas estas irregularidades non volvan producirse. A Xunta ten que responder preguntas claras: quen asume os custos da restauración ambiental? Cal é o estado das balsas de lodos e como se van estabilizar ou eliminar? Que influencia teñen os vertidos na calidade das augas da ría de Muros e Noia? E, sobre todo, fixeron ou van facer, antes de sacar a concurso a explotación, algún estudo de riscos ambientais, sociais e económicos para a ría e para o marisqueo?”, cuestionou a deputada nacionalista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.