A ría de Arousa prepárase para o gran reto da XV Regata Congalsa – Volta a Sálvora

29 Xuño 2026

A biblioteca do Club Náutico Deportivo de Ribeira acolleu a presentación oficial dunha edición moi especial da Regata Congalsa – Volta a Sálvora, que este ano celebra o seu 15º aniversario consolidada como unha proba de referencia e unha das citas máis agardadas do calendario náutico galego.

O acto contou coa presenza de José Luís Torres Colomer (presidente do club), Isabel Cañas (Xefa de Relacións Externas de Congalsa), Irene Souto (Responsable de Sostibilidade), José Luís Lomba (Comodoro) e os directivos Justo Arevalillo e José Díaz.

“Son 15 anos largando amarras, reunindo a persoas amantes da vela e do mar, e demostrando que o deporte é unha forma de construír territorio, identidade e comunidade”, destacou Isabel Cañas durante a rolda de prensa.

A mítica regata, que consiste na circunnavegación á illa de Sálvora e o percorrido polos emblemáticos illotes de Vionta, Noro e Rúa, contará cunhas condicións inmellorables para a navegación:

  • Data: Sábado, 4 de xullo de 2026.
  • Hora de saída: 14:00 horas (desde as inmediacións do Club).
  • Participación: Arredor de 20 unidades da Clase ORC e preto de 100 regatistas de Ribeira e comarcas achegadas.
  • Entrega de premios: Prevista para as 18:00 horas.

A frota estará dividida nas tres categorías clásicas da competición: Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro.

Debido a que a previsión de vento para a fin de semana é moi favorable, a espectacular Volta a Sálvora está máis que garantizada. A organización programou dous percorridos alternativos que se comunicarán por radio ás tripulacións xusto antes da saída, decidindo no último momento o bordo máis axeitado en función da dirección do vento dominante.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.