Unha investigación da UDC estuda unha alga invasora das costas atlánticas que axuda a resolver un problema clave da química estrutural

29 Maio 2026

Investigadores do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, xunto con científicos de Alemaña e India, desenvolveron unha estratexia para distinguir moléculas case idénticas presentes na alga mariña Sargassum muticum, unha especie invasora amplamente estendida en moitas costas atlánticas.

Sargassum muticum produce moléculas cuxo potencial interese en química, biomedicina ou biotecnoloxía continúa investigándose. Porén, algunhas presentan unha gran dificultade para a súa correcta identificación estrutural.

Neste estudo, que vén de ser publicado na revista Angewandte Chemie International Edition, o equipo analizou dous compostos que unicamente se diferencian na orientación espacial dunha pequena parte da molécula. Aínda que o cambio é mínimo, modifica a súa estrutura tridimensional.

Explican que o principal problema para determinar a súa estrutura final foi que estas moléculas son “altamente flexíbeis e capaces de adoptar múltiples disposicións espaciais, o que complica e moito a súa análise”. Engaden que os resultados mostraron que algúns métodos computacionais utilizados decote para identificar este tipo de compostos xeran “resultados ambiguos cando as moléculas presentan unha elevada flexibilidade estrutural”.

Para resolver este problema, os investigadores combinaron resonancia magnética nuclear (RMN) de ultra alta resolución, análise computacional e novas estratexias estatísticas para estudar o comportamento tridimensional das moléculas. Os experimentos de RMN realizáronse empregando un imán de 28 Teslas (1.2 GHz), aproximadamente dez veces máis potente que os utilizados nos hospitais. Este equipo, considerado na actualidade o máis potente e avanzado dispoñible a nivel mundial para este tipo de análises, atópase no Instituto Max Planck para as Ciencias Multidisciplinares baixo a coordinación do profesor Christian Griesinger.

Grazas a esta estratexia, o equipo no que participaron Jaime Rodríguez, Carlos Jiménez e Abel Mateo Forero do grupo Pronamar do CICA, logrou diferenciar ambos compostos e comprobar que algunhas ferramentas habituais en química estrutural perden fiabilidade cando as moléculas conteñen numerosos enlaces flexíbeis

O traballo propón ademais unha metodoloxía útil para estudar outros compostos naturais complexos que presentan problemas de flexibilidade estrutural.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...