Julián Bustelo confirma a inminencia das obras para recuperar o paseo de Tanxil ao Quenxo (e tamén o regreso da escultura de Asorey antes das Festas da Guadalupe)

07 Maio 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, confirmou que nos vindeiros días comezarán as obras para recuperar o paseo entre a praia de Tanxil e a praia de Quenxo: unhas obras que incluirán a restitución do treito que no seu día desapareceu a consecuencia do desprendemento de parte do cantil.

Ademais, o rexedor constatou que a escultura da Moreniña de Asorey estará de volta no seu sitio antes das Festas da Guadalupe. “Con esa finalidade traballamos intensamente nestes últimos meses”, informou, engadindo que nas vindeiras semanas iremos relatando o proceso de restauración da escultura da Virxe de Guadalupe, unha actuación para o que contamos coa axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia”.

A restitución da figura encádrase no acordo asinado polo Concello coa familia Baltar para “que un dos símbolos máis queridos pola veciñanza, a escultura da Virxe de Guadalupe do escultor galego Francisco Asorey, volva á súa localización orixinal na praia de Tanxil”, informou o alcalde, que celebrou que a escultura regrese cando se cumpren 20 anos do momento no que foi retirada do cantil. Tamén mostrou o seu agradecemento á familia Baltar “a vontade de acadar este acordo, algo no que levamos tempo traballando e que por fin é unha realidade”.

Respecto da escultura en si, na web Obaixoulla.gal sinálase que é unha figura de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o dique de Baltar na praia de Tanxil en 1932.

En 2005, os herdeiros Baltar decidiron retirar a imaxe de Asorey ante o risco que corría polos continuos derrubes que se rexistraban na contorna. Logo da retirada da virxe de Asorey, as veciñas e veciños de Rianxo financiaron a colocación doutra imaxe, obra de Bert Gerresheim, nun muro na praia de Quenxo.

A imaxe de Asorey é unha representación da virxe sostendo ao neno cos brazos en cruz, fronte ao mar. Está decorada con pezas da Cerámica Celta de Cesures incrustadas no manto da virxe. Foi quen encargou a imaxe da Virxe da Guadalupe e quixo que “a dulce imaxe da virxen patrona da vila se alzase como orientación consoladora para a xente do mar” (fonte: Obaixoulla.gal).

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...