Inaugurado en Noia o primeiro albergue do Camiño da Ría de Muros Noia

30 Maio 2026

O albergue Portus Apostoli, en Noia, quedou inaugurado como o primeiro do Camiño da Ría de Muros Noia, cun modelo de hospitalidade tradicional e a peculiaridade de permitir dúas noites seguidas de estadía aos peregrinos.

No acto participaron o alcalde de Noia, Francisco Pérez; o presidente da Asociación de Municipios do Camiño, Luís Oujo; e os escritores José Antonio de la Riera e Antón Pombo, ademais doutras autoridades da comarca. Oujo salientou que a posta en marcha deste espazo é froito do traballo conxunto entre administracións e sector turístico, e avanzou que se estuda abrir un segundo albergue nunha antiga fábrica de salazón en Porto do Son.

O albergue está xestionado por voluntarios da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago, conta con 25 prazas, reserva previa e acceso exclusivo para peregrinos acreditados. Funciona sen tarifas fixas, a través de donativos, e dispón de servizos como lavandería, taquillas, resgardo para bicicletas e xardín.

Os responsables do proxecto puxeron en valor os comentarios positivos dos primeiros usuarios e defendérono como unha infraestrutura coherente coa historia e a esencia deste itinerario xacobeo, co obxectivo de que poida haber un albergue deste tipo en cada unha das cinco etapas da ruta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.