A Deputación apoia o persoal dos Concellos con información ante o novo do proceso de regularización de persoas migrantes

14 Maio 2026

A Deputación da Coruña, a través da súa Área de Dereitos Civís, puxo en marcha unha iniciativa para fornecer de información especializada o persoal técnico que traballa en contacto directo coa cidadanía para afrontar o novo proceso de regularización extraordinaria aprobado polo Real Decreto 316/2026. O obxectivo, segundo a deputada Sol Agra Tuñas,  “é facilitar ferramentas prácticas e seguridade xurídica ao persoal municipal e das entidades sociais que deberá atender consultas relacionadas co novo escenario normativo”.

Agra engadiu que os concellos son “a administración máis achegada á cidadanía e nos máis rurais non existen asociacións ou delegacións de administracións estatais especializadas en atención á poboación migrante, polo que moitas achegaranse directamente ás oficinas municipais á procura de información”.

Lembrou que a día de hoxe xa se realizaron dúas sesións formativas en liña impartidas por unha avogada especialista en estranxeiría, ás que se conectaron máis de 180 persoas, principalmente profesionais do traballo social —máis do 60 % do total de inscricións—, mais tamén outros perfís como educación social e familiar, psicoloxía, orientación laboral e asesoramento xurídico dos Centros de Información á Muller e doutras entidades sociais.

A deputada de Outes destacou tamén a participación do persoal de Administración e Padrón de numerosos concellos, “un ámbito especialmente relevante ao ser o empadroamento un requisito clave para os procesos de regularización administrativa”.

Salientou ademais que a convocatoria da Deputación logrou “unha ampla implantación territorial, con representación de 67 concellos da provincia”, sendo especialmente significativa nas áreas de influencia de Santiago de Compostela e da Coruña, “mais tamén houbo importante presenza de persoal técnico de municipios do ámbito rural”.

Toda a documentación e a guía práctica están dispoñíbeis para a súa consulta e descarga na páxina web oficial da Deputación da Coruña, na sección de Dereitos Civís. Alí tamén se pode encontrar o listado de entidades colaboradoras para a tramitación e diferentes modelos de documentación, incluído o certificado de vulnerabilidade.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...