A Asociación Setefoghas de Rianxo botará ao mar a dorna “Fasquía” o 24 de maio

17 Maio 2026

A Asociación Cultural Setefoghas de Rianxo celebrará o vindeiro domingo 24 de maio de 2026 a botadura da dorna Fasquía, un acto que terá lugar Rampla Vella de Rianxo a partir das 12 horas da mañá. A xornada promete “converterse nun encontro de celebración da cultura maríñeira e das embarcacións tradicionais galegas”, informou a asociación, engadindo que “trala botadura as persoas asistentes poderán gozar dunha navegación pola ría de Arousa a bordo de distintas embarcacións, entre as que destacan exemplares de embarcacións tradicionais tipo sovio, así como a buceta pertencente ao Concello de Rianxo, cedida á asociación”.

Tamén está prevista a participación de embarcacións doutras asociacións da comarca e do club de remo de Rianxo, o que dará un carácter festivo e colectivo ao evento.

O programa da xornada completarase coa actuación do grupo musical Ten Quirisio e un momento de peche para os socios con petiscos, “nun ambiente de confraternidade e amor polo patrimonio mariñeiro, haberá algunha sorpresiña máis”, engadiron dende Setefoghas.

Data: Domingo, 24 de maio de 2026

Hora: 12:00 horas

Lugar: Rampla Vella de Rianxo

Embarcación: Dorna Fasquía

Organizador: Asociación Setefoghas de Rianxo

A asociación

Setefoghas é unha asociación cultural de Rianxo comprometida coa recuperación e difusión do patrimonio mariñeiro e cultural galego. Entre as súas actividades destacan “a navegación en embarcacións tradicionais, a promoción da lingua e cultura galegas e a organización de eventos de ámbito local e comarcal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...