O PSOE de Rianxo salienta aos avances para a posta en marcha da casa de acompañamento para persoas maiores

14 Abril 2026


O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que valora “positivamente” a cesión da parcela Z13, incluída no plan parcial SAU-3, destinada á execución do proxecto impulsado pola Deputación da Coruña para a construción dunha casa de acompañamento para persoas maiores, e que se someterá ó pleno este 14 de abril, en sesión extraordinaria. Os socialistas destacan que “hoxe avanzamos un paso máis cara á materialización dunha infraestrutura que consideramos clave para o benestar da veciñanza de Rianxo, especialmente nun contexto de envellecemento da poboación e de crecente necesidade de recursos asistenciais de proximidade”.

Desde o PSOE lembran que xa en marzo de 2023 puxeron en valor esta iniciativa, defendendo publicamente a súa viabilidade e a súa importancia estratéxica para o municipio. “Sempre apostamos por este proxecto como unha oportunidade para dotar a Rianxo dun servizo innovador, centrado no coidado das persoas maiores e no acompañamento en situacións de vulnerabilidade”, sinalan, engadindo que “a colaboración institucional resulta fundamental para facer realidade este tipo de actuacións”, e agradecendo “o impulso da Deputación da Coruña”.

Ademais, desde o PSOE de Rianxo lembran que “houbo quen cualificou este proxecto como promesas baleiras ou simples paseos electorais, nun intento de desacreditar unha iniciativa que hoxe demostra ser viábel e necesaria”, din, ao tempo que lamentan que “en lugar de apoiar e contribuír ao seu desenvolvemento, se optase por xerar dúbidas entre a veciñanza”. E engaden: “Este proxecto avanza, e a cesión destes terreos permitirá seguir dando pasos firmes cara a unha infraestrutura social imprescindíbel para Rianxo, demostrando que aquilo que algúns cualificaban como propaganda é hoxe unha realidade en construción”.

No comunicado amosan tamén a súa confianza en que a Xunta de Galicia opte por executar o Centro de Día en Rianxo coa mesma implicación que está a demostrar a Deputación da Coruña. Porén, quéixanse de que “no pleno no que o PSOE solicitou a implicación directa da Xunta e a creación dunha comisión de seguimento, tanto REC como o PP votaron en contra”. Para o PSOE, esta decisión “xera serias dúbidas sobre o criterio que están a aplicar”, xa que “mentres agora se defende a colaboración institucional e se apoian proxectos como esta iniciativa, previamente rexeitouse que a Xunta participase de maneira pública e coordinada no desenvolvemento do Centro de Día”.

Sinalan tamén que “é momento de actuar con coherencia e de aclarar posturas, poñendo por diante os intereses da veciñanza de Rianxo”.

Finalmente, os socialistas reiteran o seu compromiso co desenvolvemento de políticas sociais que melloren a calidade de vida da veciñanza, apostando “por servizos públicos de calidade e adaptados ás necesidades reais da poboación”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.