O Goberno local de Ribeira escoita as demandas da veciñanza de Oleiros

15 Abril 2026

O Goberno municipal de Ribeira reuniuse a última hora da tarde deste martes 14 de abril coa veciñanza de Oleiros ao abeiro das xuntanzas que se desenvolven polas parroquias do termo municipal para fomentar a participación activa da cidadanía na política local; unha serie de encontros que comezaron en Corrubedo e Olveira. “Foi unha xornada moi frutífera na que escoitamos dos propios veciños as súas achegas para a mellora de Oleiros en canto a infraestruturas e servizos básicos. Houbo tamén propostas que consideraremos para o incremento de prestacións nesta parroquia. Continuaremos con estas reunións veciñais polo resto de parroquias porque consideramos que hai que escoitar para acertar. As boas dinámicas de grupo que se xeraron durante estes encontros demostran que estamos no bo camiño para construír unha mellor Ribeira entre todos”, segundo manifestou a alcaldesa, María Sampedro.

A maioría das solicitudes centráronse na implantación de melloras nos servizos básicos como os puntos de luz e colectores do lixo. Ademais, abordouse a xestión da biomasa ao ser unha parroquia con moita masa forestal, as rozas das vías públicas -a brigada municipal pasará por Oleiros nas vindeiras semanas dentro da folla de ruta de traballo polo municipio- e a limpeza do río. En materia de seguridade, avaliouse a posibilidade de construción de beirarrúas en varios puntos e a ampliación de varias estradas.

Durante o encontro, os representantes do executivo local explicaron tamén que, ao abeiro do POS+2026, está previsto o aglomerado de varias vías para a mellora das infraestruturas e seguridade do rural por un importe de 68.600 euros; unha actuación que se materializará a comezos do vindeiro ano.Así mesmo, informaron que continúan as obras de construción dos novos vestiarios do campo da Trinidade e está pendente a dotación de saneamento nos Muíños e en Xenxides. Co obxectivo de manter unha comunicación máis fluída coa cidadanía e darlle unha solución con maior celeridade ás incidencias, lembraron a posta en marcha da canle de Whatsapp no número 689 117 816.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.