Aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio para o curso 2026-2027

07 Abril 2026

As bolsas de estudo do Ministerio de Educación y Formación Profesional para o curso 2026-2027 poderanse solicitar desde este martes 7 de abril ata o vindeiro 18 de maio ás 15.00 horas.

A convocatoria, publicada no Boletín Oficial del Estado, está dirixida a estudantes de estudos postobrigatorios, tanto universitarios como non universitarios, e deberá tramitarse de maneira telemática a través da sede electrónica do Ministerio.

O Goberno destina a estas axudas un total de 2.559 millóns de euros, cunha previsión de alcanzar preto dun millón de estudantes entre a convocatoria xeral e a destinada ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

instituto de soutomaior

Contías das axudas

As bolsas inclúen diferentes compoñentes:

  • Bolsa de matrícula para universitarios, que cobre o custo dos créditos en primeira matrícula.
  • Contía fixa ligada á renda: 1.700 euros.
  • Axuda por residencia durante o curso: 2.700 euros.
  • Incentivo por excelencia académica: entre 50 e 125 euros.
  • Bolsa básica para estudos non universitarios: 300 euros (350 euros en FP básica).

Ademais, existe unha contía variable en función da renda familiar e do expediente académico, cun mínimo de 60 euros.

Principais novidades

Entre as novidades desta convocatoria destaca que o alumnado universitario con matrícula parcial (entre 48 e 59 créditos) poderá percibir parte das axudas de renda e residencia, cun importe de 350 euros por cada concepto.

Tamén se introducen melloras para estudantes con discapacidade, aos que se lles flexibilizan os requisitos académicos, e increméntanse as axudas ao desprazamento para alumnado de Ceuta e Melilla.

O Ministerio lembra que as persoas solicitantes poderán consultar en todo momento o estado da súa petición a través do apartado “Os meus expedientes” na plataforma en liña.

Outros artigos

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.