O BNG di que o PSOE “segue bloqueando a tramitación para a transferencia da AP-9 á Galiza”

18 Marzo 2026

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou o que cualificou de “un novo bloqueo por parte do Partido Socialista á tramitación da Lei para a transferencia da Autoestrada do Atlántico á Galiza”. A organización nacionalista exixe ao PSOE “unha rectificación e reclama aos deputados e deputadas galegas que expliquen diante da sociedade galega por que din defender a transferencia na Galiza e fan o contrario en Madrid”.

O deputado nacionalista engadiu que “o PSOE está bloqueando a tramitación da Lei de transferencia da AP-9 á Galiza desde que en xuño de 2024 fose admitida a tramite polo Pleno do Congreso” . Sostivo tamén que este bloqueo “comezou coa dilación sistemática que se produciu ante os aprazamentos reiterados -durante máis de 60 semanas- por parte da Mesa do Congreso até que en outubro de 2025 se fechou este prazo, após a negociación do BNG na Lei de Mobilidade Sustentábel onde conseguiu que rematasen a sucesivas prórrogas”. Rego indicou que “dende este intre, e xa pasaron máis de 4 meses, aínda non foi constituída a ponencia da Lei”.

O deputado do BNG sinalou que “a comezos de febreiro nunha reunión da Mesa e Portavoces da Comisión houbo un compromiso -após telo solicitado- de que o día 25 de febreiro se fixaría nunha nova reunión a data de constitución da ponencia, mais esa reunión non se produciu”. Engadiu que “a día de hoxe, 18 de marzo, houbo reunión da Mesa e Portavoces da Comisión de Transportes, mais, diante dunha nova reclamación de que se colocase na próxima semana a constitución da ponencia, máis unha vez o PSOE bloqueou esta posibilidade”.

“O BNG considera absolutamente inaceptábel este comportamento do Partido Socialista que vota no Parlamento de Galiza a favor da lei de transferencia, que vén mesmo o seu Secretario Xeral do PSdeG a defendela ao Congreso, e que despois, de forma sistemática, bloquea e non permite que poida completarse a tramitación como xa fixeron na anterior lexislatura” denunciou o deputado nacionalista, convidando ao Partido Socialista e o Goberno do Estado a reflexionar e valorar “se esta actuación é de recibo e é defendíbel diante dunha sociedade galega que quere avanzar na transferencia da AP-9 e quere pór fin á concesión para que sexa unha autoestrada galega e libre de peaxes”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.