Fran Sieira e a ANPA O Caramecheiro ofrecerán obradoiros de danza en igualdade no IES Nº de Ribeira

04 Marzo 2026

Prosegue o intenso programa de actividades divulgativas, dinamizadoras e formativas da ANPA O Caramecheiro do IES Nº 1 de Ribeira (Coroso).

O vindeiro 9 e 10 de marzo, no ximnasio de IES Nº1 de Ribeira a entidade organizará unha actividade que baixo o nome Todos danzamos achegará obradoiros de danza en igualdade impartidos por Fran Sieira.

Fran Sieira é un artista ribeirán que coa súa dedicación e éxito no mundo da danza ten demostrado que co seu propio exemplo, que homes e mulleres son iguais en calquera eido da vida.

Na proposta argallada pola ANPA, o alumnado terá ocasión de traballar a igualdade a través da danza: unha danza onde homes e mulleres bailan sen diferenzas de xénero, rompendo así os estereotipos.

Asemade o alumnado creará unha pequena peza coreográfica, traballando o respecto e a cooperación como iguais.

Dende un marco contemporáneo, traballarán a descontextualización de pasos de baile tradicional galego para utilizalos como o noso principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe de movemento actual como reflexo da nosa tradición.

Participarán 272 rapaces e rapazas da ESO e de Bacharelato, que recibirán 2 sesións de 50 minutos de duración cada unha, nun total de 10 obradoiros, organizados pola ANPA grazas as axudas SI449B dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero da Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.