A Alameda de Santiago vístese de Valle-Inclán: a Fundación Granell rende homenaxe ao escritor cunha bufanda vermella

12 Marzo 2026

A Fundación Eugenio Granell celebrará este venres 13 de marzo, ás 13.00 horas, un acto simbólico na Alameda de Santiago de Compostela para colocar unha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán. A iniciativa, organizada pola entidade compostelá coa colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, busca reforzar o vínculo entre o escritor e a cidade, asumida como un dos escenarios centrais do seu imaxinario literario.

O xesto inspírase na tradicional colocación dunha bufanda branca na estatua de Valle-Inclán no paseo de Recoletos, en Madrid, coincidindo co día do teatro. Neste caso, porén, a acción pretende conmemorar o regreso real e simbólico do autor a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe, e poñer en valor a pegada valle-inclaniana na capital galega.

A Fundación Eugenio Granell subliña que o seu compromiso coa creación non se limita ás artes plásticas nin queda restrito ao surrealismo, corrente á que pertenceu o propio Granell. A promoción da literatura e o apoio a iniciativas que conectan diferentes linguaxes artísticas forman parte dos seus obxectivos, polo que este acto se entende como unha extensión natural do seu labor cultural.

Para levar adiante esta acción cívico-cultural, a Fundación conta co apoio do Museo Valle-Inclán e do Foro Galicia e Valle-Inclán, entidades coas que comparte o interese en salientar Compostela como vila valle-inclaniana. Ao tempo, queren subliñar a relación entre o surrealismo e o esperpento, dúas miradas artísticas que nacen do empeño por reinterpretar a realidade contemporánea a través da obra dos nosos creadores.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.