Máis de 200 deportistas participaron no Xtosín Trail

26 Febreiro 2026

Este 22 de febreiro celebrouse no concello de Porto do Son a edición 2026 do Xtosín Trail, unha das grandes probas deportivas da tempada no concello e no Barbanza. Achegou tres modalidades: o Trail de 21K, o Trail de 15K e máis a Andaina de 15K. Foi, en palabras da organización, unha xornada de praias e bosques, mar e monte, sendeiros e camiños. A proba foi organizada por Arousa Neo, Sachacamiños e o Concello de Porto do Son.

Foi a segunda e última parada do Circuíto Trail Series impulsado por Arousa Neo. Participaron máis de 200 persoas. Impuxéronse Carlos Lorenzo, vendedor do trail longo en Portosín e do Trail Series, e Yeray Lorenzo no itinerario curto en Porto do Son e tamén da xeral.

No Facebook de Arousa Neo podemos ver un completo álbum das e dos deportistas participantes.

Para quen non o saiba o trail (ou trail running) é un deporte que consiste en correr por carreiros de montaña, pegadas, rastros ou camiños secundarios, a través de montañas, cerros e montes, cruzando arroios e ríos, con grandes subidas e abruptas baixadas, a diferenza do que ocorre nos maratóns e o sendeirismo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...