Ámbar impulsa o benestar e a autonomía a través das súas xornadas Tempo en Familia

27 Febreiro 2026

A asociación inclusiva Ambar, referente do Barbanza e de Galicia en atención a persoas con diversidade funcional, continúa consolidando o seu programa Tempo en Familia, un espazo de encontro no seu Centro de Recursos de Frións (Ribeira) deseñado para ofrecer apoio, formación e ferramentas prácticas ás familias e á contorna das persoas con diversidade funcional. Trátase máis en concreto dun espazo para a formación e o autocoidado, onde xornada aborda unha temática específica adaptada ás necesidades do colectivo. Tralo éxito da sesión de xaneiro, titulada Calma, movemento e conexión, onde os asistentes exploraron técnicas de ioga e estratexias de relaxación para a xestión do estrés, a asociación centrou a súa sesión do 26 de febreiro no fomento da vida autónoma.

Na xornada o protagonismo foi para o Servizo de Comunidade de Ambar. Este proxecto é un dos piares da entidade, cuxo propósito fundamental é Impulsar vidas independentes en comunidade. A través deste servizo, a asociación promove a inclusión (facilita que as persoas realicen actividades fóra do centro, no seu entorno real), brinda apoios personalizados (ofrece o soporte necesario para que cada persoa desenvolva o seu día a día con autonomía) e fomenta a pertenza (traballa para que as persoas se sintan parte activa e visíbel da sociedade).

As xornadas Tempo en Familia non son exclusivas para socios/as e familiares de persoas usuarias da Asociación Ambar, senón que están abertas a toda a comunidade interesada en aprender e compartir experiencias arredor da diversidade funcional. Moi axiña anunciarase a data e o tema da proposta para a xornada que se celebrará en marzo.

As persoas interesadas en asistir ás vindeiras sesións poden confirmar a súa praza por dúas vías:

Teléfono: 981 87 44 80

Correo electrónico: correo@asociacionambar.org

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.