Remata con éxito o Concilia de Nadal do Concello de Noia

07 Xaneiro 2026

Este mércores 7 de xaneiro a concelleira de Educación e Conciliación de Noia, Ana Blanco, realizou unha visita ás actividades encadradas na nova edición do Concilia de Nadal, onde compartiu a mañá cos nenos e nenas do campamento durante a festa de remate do mesmo, na cal uniuse ás fileiras de monitoras e monitores para participar nos obradoiros de pintacaras.

A concelleira de Educación e Conciliación destacou que “estivo moi contenta de poder acompañar aos nenos e nenas esta mañá”, poñendo énfase na “necesidade de seguir mellorando todos os servizos municipais, tamén en materia de conciliación.”

Durante a visita estivo acompañada pola concelleira de Deportes e Servizos Sociais, Sandra González, quen agradeceu ao IES Campo de San Alberto pola cesión dos espazos.

O Concello de Noia puxo en marcha o programa Concilia de Nadal para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. As actividades leváronse a cabo entre o 22 de decembro e este 7 de xaneiro, dende as 7.45 horas (aula madruga) e de aí até primeira hora da tarde.

O programa levouse a cabo no ximnasio e aulas do IES Campo de San Alberto.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...