O Museo do Gravado inaugura “Relatos do habitado”, coa presenza da alcaldesa e da deputada de Cultura Natividade González

10 Xaneiro 2026

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) acolleu este sábado 10 de xaneiro a inauguración da mostra Relatos do habitado, de Rosa García.

A cita contou coa presenza, entre outras/os, da alcaldesa María Sampedro e da responsábel de Cultura da Deputación, Natividade González.

A exposición Relatos do habitado, da artista Rosa García, convértese na primeira que amosa ao público o Museo do Gravado de Artes neste 2026; un ano especial para a institución museística que cumpre un cuarto de século. Un total de 37 obras divididas en tres series integran dita mostra que convida a reflexionar sobre o espazo convertido en lugar de refuxio e de memoria.

Durante o acto de apertura, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, manifestou que as pezas “lévannos a pensas neses espazos que construímos e que nos constrúen como seres humanos, que nos fan sentir: seguridade, inestabilidade, pertenza… Penso que isto se pode exemplificar se rememoramos a nosa infancia; etapa que tamén nos define como persoas. Á nosa memoria virán imaxes de lugares que eran calma, alegría ou aventura, así como outros que non ocupan os nosos mellores recordos”.

A serie Impares aborda as formas de habitar un espazo dende as diásporas sociais, é dicir, facer un refuxio da nada.

Doutra banda, Domus Domina analiza a relación entre a muller e a casa, establecendo un diálogo entre o corpo e o espazo.

E Bosques e Mareas céntrase na memoria, no tempo, na inestabilidade e no espazo convertido en paisaxe que constrúe un territorio e a memoria vai modelando no seu movemento.

Pola súa banda, Natividade González salientou que este espazo cultural “non só acolle obra artística, senón que xera pensamento, reflexión e diálogo coa realidade contemporánea”, e explicou que a exposición presentada “non se limita a mostrarnos imaxes”, senón que propón “unha reflexión profunda sobre o espazo” e sobre como este se converte en lugar a través da experiencia humana, da memoria e da vida compartida.

Natividade González enfatizou que esta obra convida a pensar o espazo “non como algo neutro, senón como algo vivido”, no que accións como habitar, deshabitar ou cohabitar falan de movemento, tránsito e transformación constante. Segundo apuntou, esta visión conecta directamente coas políticas públicas que entenden a cultura como unha ferramenta para pensar o tempo presente e os territorios.

González lembrou que desde a área de Cultura da Deputación da Coruña se vén traballando cunha aposta polas políticas culturais de proximidade, que sitúan o territorio e a cidadanía no centro da acción pública, concibindo a cultura como un dereito e como unha ferramenta estratéxica para a cohesión social, o equilibrio territorial e a igualdade de oportunidades no acceso aos bens culturais.

Na súa intervención tamén fixo referencia á memoria colectiva como un eixo fundamental, ao considerar que se trata dunha memoria activa que constrúe comunidade, xera empoderamento e contribúe a crear autoestima colectiva nos lugares. Neste sentido, indicou que recoñecer o valor cultural dos espazos habitados permite fortalecer vínculos, activar participación e consolidar proxectos culturais con continuidade no tempo.

González pechou a súa intervención subliñando a importancia do Museo do Gravado de Ribeira como un espazo vivo de creación, reflexión e encontro coa arte contemporánea, así como o compromiso da Deputación da Coruña para facer posíbel proxectos culturais que se consoliden e cheguen á cidadanía, apostando pola cultura como ben común, como espazo de pensamento crítico e como ferramenta de cohesión social.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...