O Museo de Pontevedra acolle a estrea do documental sobre Castelao e o gravado ao linóleo no que participa Pastor Rodríguez

19 Xaneiro 2026
Pastor Rodríguez, director do Museo de Gravado de Artes (Ribeira)

O Museo de Pontevedra acolle este xoves 22 de xaneiro ás 19:00 no Edificio Castelao a presentación pública do documental Castelao, a revolución gráfica en Galicia. O linoleogravado, dirixido por Xan Leira.

O filme conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

Será presentado polo seu director, xunto con Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, e Carlos L. Bernárdez, ensaísta e crítico de arte. O acceso é libre.

A nova produción de Xan Leira é un documental de 33 minutos de duración. Achégase ao proceso histórico polo que o linóleo se converteu nun dos motores fundamentais da renovación estética e editorial en Galicia na década de 1920.

O filme reconstrúe cronoloxicamente este fenómeno a través das voces de especialistas de referencia: Daniel Buján Núñez (bibliotecario e gravador), Ángeles Tilve Jar (directora do Museo de Pontevedra), Carlos L. Bernárdez (ensaísta e crítico de arte), Xoán Pastor Rodríguez (director do Museo do Gravado de Artes, Ribeira), Miguel Anxo Seixas Seoane (presidente da Fundación Castelao) e Ricardo Gurriarán (historiador).

O documental arranca na estancia de Castelao en Europa (Francia, Bélxica e Alemaña) en 1921, grazas a unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios destinada ao estudo de técnicas de gravado. Foi en Múnic onde descubriu as potencialidades do linóleo, unha técnica rápida, económica e ideal para ilustracións en publicacións de baixo custo, especialmente axeitada ao contexto galego da época.

Ao regresar a Pontevedra, Castelao compartiu os seus coñecementos co seu alumnado do Instituto e, posteriormente, cos novos artistas e intelectuais da cidade. Entre os primeiros en adoptar o linóleo estiveron Carlos Sobrino, colaborador próximo de Castelao, así como Luis Pintos Fonseca, Manuel Méndez, Xosé Sesto e Ventura de Dios “Turas”. Desde ese momento, esta técnica comezou a gañar presenza en diversas publicacións da época.

O fenómeno estendeuse axiña máis aló de Pontevedra, incorporando nomes centrais da arte galega moderna como Manuel Torres, Cándido Fernández Mazas, Xaime Prada, Luis Huici e Francisco Miguel. O documental destaca como o linóleo favoreceu unha estética máis sintética e próxima ás linguaxes vangardistas, afastándose da figuración tradicional. Analiza tamén o destacado papel de revistas literarias e artísticas como Alborada (1922), Cristal (1932) ou Spes (1934-1962) na difusión do linóleo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.