O Concello de Boiro propón destinar o POS+ social para reforzar as necesidades de accesibilidade e os recursos a dependencia

15 Xaneiro 2026

O pleno do Concello de Boiro celebrado este mércores 14 de xaneiro, aprobou a participación do Concello no POS+ para gastos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña cun importe total de 127.548,75 euros. A sesión pode verse como de costume na canle municipal de Youtube.

Este ano impútase a esta subvención un novo concepto, dotado cunha cantidade de 34.000 euros, para que as familias poidan facer obras de accesibilidade e adaptabilidade das vivendas tales como a eliminación de barreiras arquitectónicas que dificultan a mobilidade dentro do domicilio, instalación de ramplas ou plataformas de accesibilidade, adecuación de aseos, etc. co obxectivo de favorecer unhas condicións dignas e adaptadas ás necesidades das persoas dependentes.

Nesta anualidade vaise destinar unha cantidade de 17.280 euros para a adquisición de 7 camas articuladas e 6 grúas para a mobilización de persoas en situación de dependencia para seguir ampliando o catálogo de axudas técnicas en préstamo do que dispón o Concello de Boiro.

Mediante este programa o Concello de Boiro conta xa con 76 axudas técnicas como guindastres, colchóns antiescaras, cadeiras de rodas, camas articuladas, táboas de transferencia… coas que se ven prestando servizo a máis de 90 familias.

Outra partidas que se incorporan este ano é a destinada a ao equipamento tecnolóxico, á que destinan 11.041 euros para a adquisición dun sistema de IA que permita ás persoas usuarias coñecer os servizos aos que poden ter acceso, a posta en marcha un sistema de alertas SMS que posibilite establecer unha conexión directa e inmediata coa cidadanía en situacións de emerxencia e tamén a adquisición dun tótem informativo para a consulta sobre os procedementos e prestacións dos Servizos Sociais.

Ademais inclúese unha partida de 29.603 euros para o reforzo e ampliación do persoal técnico e administrativo do departamento de Servizos Sociais; 27.874 euros para ampliar as partidas municipais de emerxencia social; unha partida de 7.750 euros para respiro e conciliación familiar destinados a aquelas persoas que asumen responsabilidades de coidado.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.