O BNG de Ribeira presenta unha proposta construída coa veciñanza para investir 1,7 millóns nas parroquias

30 Xaneiro 2026

O BNG de Ribeira presentou unha proposta alternativa ao Plan de Obras e Servizos (POS) elaborada a partir do diálogo directo coa veciñanza das parroquias e co obxectivo de priorizar os servizos públicos básicos. A contía deste ano 2026 ascende a 1,7 millóns de euros que a Deputación transfire ao Concello de Ribeira.

O portavoz municipal do BNG e exalcalde, Luís Pérez Barral, explicou que “levamos moito tempo percorrendo as parroquias, escoitando á xente e coñecendo de primeira man cales son as necesidades de cada lugar. A nosa proposta nace dese traballo constante e do compromiso coa participación veciñal”.

Desde o BNG destacan que as actuacións propostas céntranse fundamentalmente en saneamento, abastecemento de auga para consumo doméstico e pavimentacións, “cuestións que seguen a ser prioritarias para a xente que vive nas parroquias do concello”, sinalou Pérez Barral, engadindo que “falamos de investimentos que melloran a calidade de vida da veciñanza e que responden a demandas históricas, non de decisións tomadas desde un despacho”.

O portavoz nacionalista lamentou que o actual goberno do PP “volva ás vellas formas de gobernar, presentando unhas obras sen debate previo, sen consenso e sen escoitar á veciñanza, nin aos grupos da Corporación Municipal”. Para o BNG, “non abonda con simular que se atende á xente; hai que escoitar de verdade e decidir en función do que a poboación demanda”.

“Ribeira merece un goberno que planifique contando coa súa xente por iso desde o BNG seguiremos facendo un traballo serio, construtivo e en positivo”, concluíu Pérez Barral.

Propostas de actuación do BNG por parroquias:

Artes: nova pavimentación e beiravías para a estrada Outeiro a Gude.

Corrubedo: renovación do parque infantil e reforma da rúa número 6.

Castiñeiras: pavimentación da estrada da Aldea e Poi.

Oleiros: arranxo do paseo do Río Artes e seguir extendendo o saneamento na parroquia.

Olveira: pavimentación da pista de Sirves e beirarrúas desde a igrexa ata a Casa da Cultura.

Carreira: renovación das beirarrúas do Vilar e saneamento e renovación de servizos de saneamento, abastecemento e pavimentación na zona da Parte ao Río. Tamén unha vella reinvidicación é a reforma e renovación da casa da cultura.

Palmeira: 2ª fase da renovación do saneamento, auga potable e pavimentación da rúa Agriña e 1ª fase do saneamento a Cudieiros.

Aguiño: 2ª fase do abastecemento de auga potable da rúa da Cerca e pavimentación da mesma.

Ribeira: primeira fase da pavimentacións da Avenida de Ferrol e pavimentación da rúa Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.