Mércores 7, xornada de tempo variable

06 Xaneiro 2026

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance da xornada, as choivas irán remitindo, dando paso a unha segunda metade do día seca, aínda que con aumento xeral da nubosidade.

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, mentres que o vento soprará do norte-noroeste, moderado no litoral e frouxo no interior, xirando a suroeste ao final da xornada.

Rías Baixas
Nas Rías Baixas agárdase unha xornada con ceos parcialmente nubrado. Durante a mañá poden aparecer algunhas nubes, pero en xeral non se esperan precipitacións significativas. Co paso das horas aumentará a nubosidade, mantendo unha tarde seca. As temperaturas subirán de xeito moderado, con ambiente algo máis suave /6 a 12 graos). O vento soprará do norte-noroeste, moderado no litoral, xirando a suroeste ao final do día.

Santiago de Compostela
En Santiago o día comezará con ceos parcialmente nubrado e posibilidade de precipitacións intermitentes durante a mañá. A partir do mediodía as choivas tenderán a desaparecer, quedando unha tarde seca pero con máis nubes. As temperaturas tamén experimentarán un moderado ascenso. O vento será frouxo, inicialmente do norte-noroeste, virando a suroeste cara ao remate da xornada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.