Luís Pérez Barral celebra o uso da antiga lonxa de Ribeira para os redeiros tras anos de abandono

08 Xaneiro 2026

O Bloque Nacionalista Galego valora positivamente o anuncio realizado este xoves de xaneiro pola conselleira do Mar no porto de Ribeira, no que se confirma que a antiga lonxa será destinada finalmente ao uso e reparación de redes e aparellos de pesca, dando resposta a unha vella reivindicación do sector do mar e do propio BNG.

dav

O exalcalde e portavoz, Luís Pérez, salienta que “esta actuación permitirá que os redeiros conten por fin cun espazo cuberto e axeitado para desenvolver o seu traballo en condicións dignas, algo fundamental para mellorar tanto a seguridade no porto como as condicións laborais deste colectivo esencial para a actividade pesqueira”.

“O arranxo de redes e aparellos estaba realizándose á intemperie en espazos improvisados, dispoñer dun lugar cuberto é unha cuestión de seguridade, de saúde laboral e de respecto a un oficio imprescindible para o sector”, afirmou o responsábel do BNG.

Con todo, a formación nacionalista critica duramente a demora da Xunta e de Portos de Galiza, que, segundo sinala, “tardaron máis de oito anos en dar unha solución”.

“É incomprensíbel que unha demanda tan necesaria se alongase durante máis de oito anos, mentres o sector reclamaba unha e outra vez unha resposta”, sinalou.

Ademais, o BNG denuncia que “durante todo este tempo a antiga lonxa permaneceu abandonada, sufrindo un progresivo deterioro que incrementa agora de maneira notábel os custos de reparación e mantemento”.

Para a formación, a xestión do PP, a través de Portos de Galiza, “é desastrosa xa que se actuase cando correspondía, o investimento necesario sería moito menor. O abandono deliberado das instalacións públicas acaba sempre pagándoo o conxunto da cidadanía”.

Desde o BNG lembran que “esta actuación chega grazas á presión constante do sector do mar e ao traballo político realizado durante anos”.

Falta de mantemento nas instalacións portuarias

Barral tamén lembrou que os portos situados no municipio “precisan investimentos estruturais e planificación a medio e longo prazo, tal e como vén propoñendo reiteradamente o BNG tanto a nivel local como no Parlamento Galego”. Neste sentido, critica que o PP “vete sistematicamente estas iniciativas parlamentarias, impedindo que Ribeira conte coas infraestruturas coidadas que debería ter pola súa importancia estratéxica no sector pesqueiro galego”.

Seguindo este fío lamentan que “en Castiñeiras estea moi deteriorada a rampla, en Corrubedo os cortes na iluminación son constantes, en Aguiño hai algún punto de luz que non funciona correctamente na zona dos remolques e no varadoiro ou como hai unha escaleira rota”. 

“Son coñecedores destas deficiencias pero non actúan por iso non abonda con anuncios puntuais nin con actuacións que chegan tarde. O porto de Ribeira necesita investimentos reais, compromiso político e unha visión de futuro que o PP se nega a asumir, bloqueando no Parlamento Galego as propostas do BNG pero seguiremos traballando para que o noso porto siga sendo unha referencia a nivel galego e internacional”, concluiu.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.