Mar outorga a concesión para nave de redes e aula de formación na lonxa vella de Ribeira

08 Xaneiro 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, impulsou a reactivación da actividade no edificio da lonxa vella do porto de Ribeira que funcionará, segundo fixo saber a conselleira Marta Villaverde este mesmo xoves 8 de xaneiro en Santa Uxía, como nova nave de redes “a partir de agora”. A titular de Mar engadiu que o ente público outorgou recentemente unha concesión administrativa que permitirá o novo uso.

Villaverde, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que a concesión terá un prazo de vixencia de 5 anos con posibilidade de prórroga. “O título administrativo autoriza o desenvolvemento de actividade de nave de redes, pero tamén aula de formación náutico pesqueira”, sinalou, engadindo que Portos de Galicia “aplicará unha bonificación do 95% das taxas por ocupación do solo, tal como recolle a Lei de taxas portuarias no caso de edificios como lonxas ou naves de redes; e deste xeito incentívase a actividade profesional nun inmoble de 2.500 metros cadrados, que quedou en desuso logo do traslado da lonxa ao edificio actual, que contou cun investimento da Xunta de Galicia de preto de 15 millóns de euros”.

Durante a súa visita ao porto ribeirense, a conselleira do Mar lembrou que a nave de redes era unha aspiración histórica do sector no municipio. Co obxectivo de dar resposta a esta necesidade, a Xunta de Galicia acondicionou o edificio cun investimento de 40.000 euros. As obras executadas consistiron na reparación da cuberta, demolición dos muros interiores coa fin de habilitar unha superficie diáfana, e acondicionamento dos departamentos para almacenamento de pertreitos.

Na súa estadía en Ribeira a conselleira estivo acompañada pola alcaldesa María Sampedro e polo concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...