CONGALSA adxudica a Espina & Delfín a súa nova depuradora industrial na Pobra do Caramiñal

23 Xaneiro 2026

CONGALSA, empresa da Pobra referente en alimentación con produtos pesqueiros, innovación e sustentabilidade, adxudicou a Espina & Delfín o deseño, a construción e a posta en marcha da súa nova depuradora de augas industriais (EDARI). A infraestrutura terá unha capacidade para tratar nun futuro ata 1.000 metros cúbicos de auga ao día e o obxectivo de CONGALSA é optimizar o tratamento das augas residuais do seu complexo empresarial na Pobra do Caramiñal, no Polígono da Tomada.

En concreto, a finalidade do proxecto é dispoñer de unha instalación “fiable, escalable e operable”, minimizando interferencias coa actividade produtiva e priorizando a seguridade durante a execución e a posta en marcha, segundo apuntaron fontes da empresa da Pobra, engadindo que con esta nova EDARI, “reforzamos a nosa folla de ruta de sustentabilidade industrial, avanzando nunha xestión da auga máis eficiente e robusta”.

En paralelo, a compañía continúa desenvolvendo os plans de ampliación do seu complexo para acompañar o crecemento da actividade.

En palabras do presidente de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, “con esta nova depuradora reforzamos o noso compromiso coa sustentabilidade. Optimizará o tratamento de augas residuais, de forma aliñada co incremento da capacidade produtiva dos últimos anos e favorecendo procesos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente. Avanzamos así nun modelo de crecemento industrial responsable”.

Pola súa banda, Espina & Delfín é líder do sector en captación, tratamento, potabilización e depuración de augas residuais industriais. A empresa compostelá ofrece solucións a medida para o tratamento de augas para todo tipo de industrias e conta co seu propio departamento de enxeñería. Óscar Rodríguez, administrador solidario de Espina & Delfín sinalou que “para nós é un orgullo colaborar con CONGALSA nun proxecto industrial de referencia en Galicia. O noso equipo conta cunha ampla experiencia no deseño, construción e xestión de depuradoras industriais en diferentes sectores, desde industria láctea, cárnica, do metal e conserveira, entre outras. Imos envorcar toda a nosa experiencia entregar unha depuradora robusta e operable, cunha posta en marcha segura e unha integración que minimice calquera interferencia na actividade produtiva”.

CONGALSA, empresa galega especializada en elaboración e comercialización de referencias alimentarias e en pratos preparados, consolídase ano tras ano como unha das compañías líderes no seu sector de actividade grazas á súa aposta constante pola innovación. En 2024, facturou 173 millóns de euros, o que supón un crecemento do 14 % respecto ao ano anterior.

Pola súa banda, Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que presta asistencia técnica, deseña, fabrica, constrúe e mantén infraestruturas diversas; á vez que xestiona servizos de abastecemento, saneamento e depuración. Unha sexta parte dos concellos de Galicia e empresas públicas e privadas de España confían nos seus servizos. A empresa tamén executa obras hidráulicas e civís en Portugal, Senegal, Colombia e Haití.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.