O Concello de Ribeira colabora co espectáculo “As que cortan o bacallau” a favor de Cruz Vermella

04 Decembro 2025

O espectáculo As que cortan o bacallau levarase a escena en Ribeira o 20 de decembro, ás 20.00 horas, no novo Auditorio Municipal. Trátase dun evento promovido por Bailadela, As Sete Linguas e a Asociación Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño) coa colaboración da Concellería de Cultura e a favor de Cruz Vermella de Ribeira.

No acto de presentación participaron a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; Manola Valiño, Alicia González e Esperanza Codesido -directora, vogal e secretaria de Bailadela e As Sete Linguas, respectivamente-; Moncha Sampedro e Teresa Sampedro -tesoureira e vogal de Francisco Lorenzo Mariño-; e Ángeles Cores, Ángeles Mera e María Rey -expresidenta, presidenta e coordinadora de Cruz Vermella Ribeira-.

A edil manifestou que todas as propostas presentadas “demostra que temos un tecido asociativo e cultural moi forte e, ademais, moi implicado e solidario”.

Tamén quixo aproveitar a ocasión para agradecer para felicitar o labor da xa expresidenta de Cruz Vermella, Ángeles Cores, e felicitar á súa sucesora, Ángeles Mera, trasladándolle os seus mellores desexos á fronte desta nova andaina.

Pola súa parte, a directora de Bailadela e As Sete Linguas, Manola Valiño, explicou que tódolos anos levan a escena unha historia acompañada de coplas e instrumentos varios, optando este ano “por unha historia relacionada coa conserveira e as mulleres que nesa época traballaban alí”.

A entrada solidaria pode adquirirse por un importe de 5 euros na propia sede de Cruz Vermella, se ben a rapazada ata 16 anos non terá que pagar. Ademais, habilitarase a fila 0 para quen non poida asistir, pero decida axudar igualmente. O recadado irá destinado á compra de xoguetes para que “ningún neno de Ribeira quede sen xoguete”, segundo indicou a súa expresidenta, Ángeles Cores.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...