O Auditorio de Muros será un dos primeiros espazos en proxectar “Rondallas”, o novo filme de Daniel Sánchez Arévalo

30 Decembro 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros abrirá o ano 2026 sendo un dos primeiros espazos en proxectar Rondallas, a nova e agardada longametraxe dirixida por Daniel Sánchez Arévalo, que poderá verse durante a fin de semana do venres 2 ao domingo 4 de xaneiro.

Con esta estrea, Muros convértese nun dos primeiros concellos en achegar ao público esta comedia vitalista ambientada nun pobo mariñeiro galego, que, segundo avanza o Concello, “fala da memoria, do loito compartido e da forza da música tradicional como motor para volver mirar cara adiante”.

O filme conta cun elenco integramente galego encabezado por Javier Gutiérrez, María Vázquez e Tamar Novas, xunto a Judith Fernández, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán, Marta Larralde e Lola López Rodríguez.

Dende a Concellería de Cultura, Caridad González destaca que “Rondallas é unha película moi especial, profundamente ligada á identidade, á memoria colectiva e á música tradicional galega, e parécenos unha forma magnífica de comezar o ano cun cinema que emociona e que fala do noso”.

A concelleira subliña tamén “a aposta do auditorio por achegar estreas recentes e cinema galego de calidade ao público da vila”.

Horarios

Venres, 2 de xaneiro ás 20:30 h

Sábado, 3 de xaneiro ás 20:30 h

Domingo, 4 de xaneiro ás 19:00 h

Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.