Marta Villaverde visita Porto do Son e Portosín e recalca a necesidade de “traballarmos xuntos contra o acordo dos TACs de Bruxelas”

23 Decembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este martes 23 de decembro as confrarías de Porto do Son e Portosín, onde seguiu sumando apoios ante o “acordo lesivo para Galicia” pechado en Bruxelas polos ministros de Pesca da Unión Europea sobre os TACs e cotas para especies de especial relevancia en Galicia e, nomeadamente, nesta comarca. “É o caso da xarda, cuxa posibilidade de captura experimentará un recorte do 70 % con respecto ao ano en curso”, lembrou.

A visita enmarcouse nas actividades perfiladas polo Consello Galego de Pesca con motivo das negociacións, iniciativas coas que facer fronte ás consecuencias deste acordo e dirixidas a acadar que a nosa frota poida seguir faenando.

A conselleira insistiu na petición da Xunta de que, como mínimo, se manteña para as tres especies afectadas -xarda, lirio e abadexo-, a mesma cota asignada a España en 2025.

“É tempo de non dar as costas a Galicia, polo que o ministro debe seguir negociando, debe presentar argumentos socioeconómicos sólidos, buscar apoios de outros Estados membros e aproveitar os espazos políticos para intentar atenuar os recortes e mellorar as condicións de xestión do sector pesqueiro”, afirmou, lembrando que a xarda “atópase nunha asignación de cota provisional cun forte descenso do 70 % con respecto a 2025, o que podería provocar un impacto económico directo de entre 26,5 e 28,4 millóns de euros e un indirecto de entre 37,1 e 39,7 millóns”.

Ademais, dixo, “no caso do lirio, a redución do 41 % respecto do 2025 e do 44 % fronte ao 2024, implicaría unha merma da actividade que oscilaría entre os 5,4 e os 11,3 millóns de euros; e polo que respecta ao abadexo, que tivo unha rebaixa do 36 % no 2025 e outra redución adicional do 13 % de media para 2026 e 2027, as perdas poderían oscilar entre os 1,7 millóns de euros para a frota de palangre e os 14,8 millóns se se chegara a paralizar a actividade do conxunto das frotas afectadas”.

Apoio a Porto do Son

No transcurso da visita, Villaverde tamén salientou, nas súas palabras, “a aposta inversora que o Goberno galego realiza neste concello desde o 2009 e que ascenden ata a actualidade a preto de 38 millóns de euros, un esforzo investidor que está a impulsar a industria transformadora e comercializadora local, a produción marisqueira con recuperación dos bancos e a mellora das infraestruturas portuarias e condicións de vida dos seus traballadores”.

Coincidindo con estas datas festivas, Villaverde tamén se interesou pola actividade que están a rexistrar estes días as lonxas. No caso da de Portosín, este ano xa se comercializaron máis de 4 millóns de quilos, que acadaron un valor no mercado duns 4 millóns de euros. Polo que respecta á de Porto do Son, poxáronse 1,2 millóns de quilos, que acadaron un valor superior aos 1,6 millóns de euros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...