Distincións da AGASP para Protección Civil da Pobra, Boiro, Rianxo e Muros polo seu labor na DINA de Valencia

15 Decembro 2025

A Academia Galega de Seguridade Pública – AGASP da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes acolleu o pasado sábado unha xornada de homenaxe aos corpos galegos de Protección Civil e “o seu traballo incansábel en beneficio dos galegos e galegas”

Participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, o alcalde do Concello A Estrada, Gonzalo Louzao, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva

Na cita outorgáronse 33 distintivos de permanencia aos axentes con 25 anos de traxectoria, 6 medallas de bronce e 53 placas de prata aos efectivos que participaron na xestión da DINA de Valencia.

Foron recoñecidos coa Medalla ao Mérito na categoría de prata (pola súa participación no dispositivo galego con motivo da DINA de Valencia) grupos do Barbanza: as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de A Pobra, Boiro e Rianxo. Tamén se recoñeceu o traballo dos axentes das Polícias Locais de Pobra e Rianxo.

Protección Civil de Rianxo vén de recibir a medalla de prata polo traballo realizado polo continxente desprazado a Valencia con motivo da DANA.

O galardón rianxeiro foi recollido polo presidente da agrupación, Manuel Gómez Villanustre.

Igualmente foron distinguidos polo seu traballo en Valencia os voluntarios e voluntarias do GES de Muros e da ONG IAE. Asistiron o acto, celebrado na Estrada, Sandra Maneiro, concelleira de Seguridade Cidadá de Muros, Manuel Lago, Pedro Riveiro e Miguel Montero. Recolleu a distinción para o GES Manuel Lago García (Marulo), e a medalla para a ONG IAE recolleuna Miguel Montero Sierra.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...