Este 3 de decembro, mércores, celébrase o Dia Internacional das Persoas con Diversidade
Funcional, unha data que debería ser tódolos días do ano.
Pois, aproveitando esta data, ven a miña mente un problema que está a pasar e sobre en
Outes . E este problema en Outes, pois son as chamadas prazas PMR (Prazas para Mobilidade
Reducida), e por falta de civismo ou educación vial pois atopamos moitos chamados
automóbiles que non teñen a tarxeta de estacionamento debidamente visible, como é a
normativa vixente. Ben, diante de este problema, eu direille a estas persoas que se queden coa
miña praza de estacionamento, pero tamén coa miña discapacidade. É duro o que estou a
dicir, pero é o que está ocorrendo, coa desculpa de sempre: “… es que son cinco minutos de
nada…”, pois eses “cinco minutos” é o tempo onde as persoas con mobilidade reducida atopan
a súa praza ocupada, por alguén que non debería de estar.
E xa que hai poucas prazas reservadas, pois ben as autoridades ben poderían vixiar a que se
cumpran estas normas. Estas prazas, son para quen son, e ocupalas indebidamente, estamos a
cometer un delicto sancionable por onde a propia administración ten que tomar cartas no
asunto.
En resumen, respectemos estas prazas polo ben do colectivo, que sí o necesita.
Tempo seco e soleado este martes 22 pola influencia anticiclónica e a entrada de aire cálido
Mantense o Nivel 1 (amarelo) no noroeste, interior e suroeste da Coruña; montaña de Ourense e as Rías Baixas e vermello no interior de Pontevedra. A estabilidade meteorolóxica continuará marcando a xornada deste martes 22, San Mauricio, grazas á persistencia da...



