Varios milleiros de persoas manifestáronse este domingo en rúas e prazas de Galicia -nomeadamente na Coruña, Vigo e Santiago- a convocatoria de distintos colectivos sociais e sindicais con apoio explícito ao fiscal xeral García Ortiz, cuxa condena é considerada “inxusta” e “arbitraria”. En declararacións á axencia EFE, o que fora xuiz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, manifestouse nos mesmos termos en relación co a pena do Tribunal Supremo.
Aínda pendente de redación a sentenza da Sala II do citado Tribunal Supremo (2 anos de inhabilitación e unha multa de 7.200 euros por un delicto de revelación de segredos contra Alberto González Amador, parella de Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, que tamén deberá ser indemnizado polo Fiscal Xeral do Estado con 10.000 euros ao ser considerado autor dun delicto de revelación de datos reservados, artigo 417.1 do Código Penal, a pena de multa de 12 meses e inhabilitación especial para o cargo de Fiscal Xefe do Estado por dous anos e o pagamento das costas procesais imcluíndo as da acusación particular.
A sentenza terá efectos a partir da súa notificación, polo que aínda non ten consecuencias inmediatas.
As do Tribunal Supremo son sentenzas firmes e contra estas non cabe recurso en sede xudicial. Só poderá presentar un incidente de nulidade, procedemento excepcional para impugnar resolucións xudiciais en firme e que rara vez froitifican.
García Ortiz podería acudir ao Tribunal Contencioso interpoñendo recurso de amparo unha vez se resolva o incidente de nulidade. Ten tamén a vía do indulto apoiada sobre todo nos dous votos discrepantes que contén a sentenza, ende ben pode apostar pola Carta da Xustiza Europea. O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos de Estrasburgo (que actúa non só a instancia dos Estados parte do Convenio, senón singularmente en virtude das demandas que poden presentar os particulares, sexan cidadáns ou persoas baixo a xurisdicción dun Estado parte).
O fallo condenatorio do fiscal xeral resultou unha sorpresa, expresada o domingo con berros de “vergiola”, “golpistas con toga” ou “esto é política, non xustiza”.



