ULA Libraría Social cumpre un ano como referente cultural en Serra de Outes”. Vicente Abelleira Cambeiro

23 Novembro 2025

Foi un 30 de novembro de 2024 cando Maitane Vicente abría na Rúa da Capela de Serra de
Outes a libraría ULA Librería Social. Falar de Maitane Vicente, e falar de inciativas culturais,
incluso escoita as propostas que se lle fagan para poder presentar libros (eu podo dar fé do
mesmo).
O 21 de febreiro de 2025, presentábase “Lúa e o páxaro” de Mª Carmen Rey Núñez; pero se
hai algo importante foio 7 de marzo de 2025 a presentación do libro “Os cómaros da vida” de
Xosé Antonio Andrade, a cal tiven que facer de mestre de cerimonias; neste acto aparte do
autor do libro, estivo Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor de Espiral Maior).
Pero se hai algo que para min foi o mellor acto que se fixo na libraría foi o pasado 24 de
outubro, co motivo do Dia Internacional da Loita contra a Poliomielite. Aquí foi presentado o
libro de “Unha historia de superación” de Marisol Bravos López así como a presentación do
documental da TV3 “Polio, crónica de una negligencia”. Na mesa da presentación estivo
aparte da autora do libro, o médico Dr. Xosé Mª Dios Diz (moitos anos organizando as
Xornadas de Integración Sociosanitaria de Outes), e este servidor.
E que falar de Maitane Vicente, que sempre está aí para atopar os libros que non se atopan no
escaparate ou nas estanterías (e sei do que falo).
O dito, os meus parabéns para ULA Libraría Social e especial para Maitane Vicente por parir
este proxecto en Serra de Outes. Grazas Maitane por está aí!!!!!

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.