“Os “Andares” de Celeiro”. José Castro López

24 Novembro 2025

A Facultade de Filosofía da USC acolleu a semana pasada a presentación de Andares, o
novo libro do xornalista e escritor Luis Celeiro. Non foi un escenario escollido ao azar,
Celeiro dirixeu a Comunicación desta institución e regresou a ela cunha obra que
condensa mais dunha década da súa vida dedicada a observar, comprender e contar
anacos de Galicia.
Andares reúne unha ampla escolma de artigos publicados na prensa galega nos últimos
dez anos agrupados en nove grandes apartados que abordan temas sociais e culturais,
cintíficos, económicos e medioambientais, urbanos e rurais, e tamén lembra con afecto a
varios persoeiros gallegos.
Máis ca unha recompilación xornalística, o libro é un retrato lúcido, cálido e
fondamente humano de Galicia. Nel entrelázase reflexión, memoria e retranca; o pulso
da actualidade e a pegada da vida galega que Celeiro coñece polo miudo. En todos
sobresale unha ollada próxima e comprometida cós problemas e inquedanzas de Galicia
que relata cun estilo claro e amable no que combina o rigor do xornalista coa tenrura do
paisano que observa o mundo -o seu mundo- con calma, buscando sempre a verdade, e
reflexando as grandezas, as miserias e tamén a beleza que hai no cotián, na realidade
prosaica.
Porque este samonense encarna como poucos a figura do paisano ilustrado: agudo e
retranqueiro, cordial, xeneroso e observador, un home fondamente enraizado na súa
terra, pero coa amplitude de pensamento que dan os saberes e a experiencia. Ademais
do seu labor na Universidade de Santiago participou activamente, acompañando a
Portomeñe, no nacemente do Xacobeo e no renacer do Camiño de Santiago o que
consagrou moitos dos seus esforzos, entregou os seus afectos e o que dedica unha chea
de artigos en Andares. Por algo é tamén o biógrafo de Elías Valiña, o crego visionario
do Cebreiro que pintou as primeiras frechas amarelas e devolveu ao Camiño o seu
sentido universal.
Nos artigos non falta nunca a Tía Manuela, o seu alter ego literario, a voz da sabedoría
popular e contrapunto perfecto das súas reflexións. Ela pon sempre o broche final con
sentenzas tan breves como certeiras. Nun dos textos dedicados á chuvia, compañeira
habitual na vida galega, tras comentar que as predicións dos expertos “sempre acértan”,
intervén a Tía Manuela, que lera a Celso Emilio Ferreiro, para deixar unha verdade
incontestable: “Onde sempre chove sen parar, e cada vez máis, é na casa do pobre”. Esa
frase resume a sensibilidade e o compromiso que percorren Andares: a atención de
Celeiro á Galicia máis humilde, á que loita a diario, á que traballa e resiste baixo o
orballo con dignidade e humor.
Andares ofrece un testemuño íntimo e profundo sobre o que somos. Os seus textos,
coma as etapas do Camiño, deixan pegada no lector, porque Celeiro non só escribe
sobre Galicia, segue facendo o seu camino vital por ela.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.